Día da Ilustración.
Actualizando a Castelao.
Traballo dos alumnos de 4º Diversificación do IES María sarmiento de Viveiro.
MAPA MENTAL : OBRA PLÁSTICA DE CASTELAO
Repasando un pouco: rianxeiro ilustre e emigrante en América.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é todo un símbolo de Galicia, un loitador no exilio, que reflectiu na súa obra literaria e pictórica o fondo compromiso que o unía á súa terra.
Naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886. Aos once anos emigrou coa súa nai a Arxentina para reencontrarse co pai, que xa marchara primeiro.
Artista gráfico.
Cousas
Son breves relatos con ilustración, que publicou na prensa da súa época, ilustrándoos cun debuxo creado especificamente para cada texto, complementándose o un ó outro.
Debuxos na prensa: El pueblo gallego.
Cousas da vida
Cousas da vida son os debuxos que publicou a partir de 1924 nas portadas de Galicia. Diario de Vigo e, a partir de 1925, en Faro de Vigo.
Cada debuxo ía acompañado dun breve texto a rodapé. Nuns casos era un comentario ou pensamento do autor ou do protagonista do debuxo, noutros un breve diálogo entre as figuras representadas.
Superada a censura franquista, a editorial Galaxia publicou unha escolma destes debuxos reunidos en seis libros temáticos baixo o mesmo título. En 1961 publicou o tomo I, en 1962 o tomo II, e en 1971 os tomos III, IV, V e VI.
Álbum Nós, 1931
-Foi seu fillo para Cuba e o seu neto para Melilla
Galicia mártir
Galicia mártir é o título do primeiro dos tres álbums da guerra que publicou Castelao, en 1937, no seu labor en defensa da República e como denuncia internacional da represión que estaba sufrindo Galicia
Atila en Galicia: "Denantes morta que aldraxada"
O álbum foi editado en Valencia en xullo de 1937 polo Comité Nacional da Confederación Nacional do Traballo, e está formado por dez estampas debuxadas a tinta chinesa. En cada unha delas hai un breve título en galego, manuscrito polo autor, ampliado polo editor co mesmo texto en castelán, francés, inglés e sueco. Foi reeditado por Akal en 1978, nun facsímile que popularizou o álbum en España.
Milicianos.
Debuxos de negros, 1939
Debuxos adicados a grupos étnicos de New York e ao pobo de Cuba.
As cruces de pedra na Galiza.
As cruces de pedra na Galiza é o título dun detallado estudo publicado por Castelao no que se describe a historia, significado e tipoloxía dos cruceiros galegos, así como doutras cruces de pedra.
O libro foi publicado postumamente, pola editorial Nós, na imprenta López, de Bos Aires, en xaneiro de 1950. A editorial madrileña Akal publicou unha edición facsímile en 1975 e, posteriormente, Galaxia outra en 1984.